Escoitar

O alcalde recibe a Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega

O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este xoves no seu despacho co presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro Fernández, para tratar da organización en Vigo dos actos do Día das Letras Galegas 2008, dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez.

xoves, 11 out 2007
1192108730rag111007.jpg
Caballero e Barreiro Fernández barallaron a posibilidade de que a RAG celebre o 26 de xaneiro no Pazo de Castrelos unha reunión na que se lerá o discurso que Álvarez Blázquez pronunciou en 1962 con motivo do seu ingreso na Academia. Este discurso non chegou a publicarse no seu día, e o daquela alcalde de Vigo, José Ramón Fontán, propúxolle ao académico realizar un acto na nosa cidade onde podería proceder á súa lectura, acto que finalmente non puido ter lugar debido ao pasamento de Fontán.
Descargar todas as imaxes