Escoitar

A programación municipal de teatro ofrece obras familiares e por barrios de outubro a decembro

O concelleiro de Cultura, Xesús López, presentou este martes a programación municipal de teatro para os meses de outubro, novembro e decembro, formada polo circuíto de teatro por barrios "Vigo a escena" e as representacións para nenos de "Con T de teatro", que terán lugar no Auditorio do Concello.

martes, 16 out 2007
1192539019contdeteatro.jpg
Trátase, segundo afirmou López, dunha programación "estable e de calidade", coa que o Concello pretende achegar o teatro a todos os cidadáns. Nesta liña, o programa "Vigo a escena" continúa coas súas representacións gratuítas para público adulto e familiar en diversos puntos do termo municipal. En outubro serán catro representacións; en novembro poderase asistir a nove, e en decembro serán 15.

O programa "Con T de teatro" desenvolverase no Auditorio Municipal con obras para nenos de diferentes idades. Así, o 20 de outubro a compañía Arela das Artes traerá a obra "Arela miúda en: o recuncho de Anabel", recomendada a partir de 5 anos. O 27 de outubro será a vez de Os Quinquilláns, con "O mago de Oz", a partir de 4 anos. "El elefantito", da compañía La Canica, é a elección do 10 de novembro, a partir de 3 anos. O 24 de novembro Tanxarina representará a obra "Sombreiros sen chapeu", recomendada a partir de 5 anos. Para nenos a partir de 3 anos, Sapistri ofrecerá o 1 de decembro "O son das cousas". A programación de "Con T de Teatro" para o segundo semestre de 2007 finalizará con "Do, re, mi, Mozart xoga aquí", de Títeres Cachirulo, para nenos a partir de 4 anos.

As obras incluídas en "Con T de teatro" poderán contemplarse nas datas mencionadas a partir das 18.00 horas. As entradas, que se poderán adquirir na taquilla do Auditorio desde as 17.00 horas, terán un prezo de 3 euros para adultos e de 2 para nenos ata os 12 anos. "Con T de teatro" forma parte da programación da Rede Galega de Teatros.
1192539019contdeteatro.jpg
1192540255vigoaescena161007.jpg
Descargar todas as imaxes