Abel Caballero salienta o labor do seu Goberno nos cen días que leva á fronte do Concello
O alcalde, Abel Caballero, afirmou este martes que nos cen días que leva á fronte do Goberno local "fixéronse máis cousas que nos últimos catro anos", xa que, segundo asegurou, tense constatado un "proceso de desbloqueo dos grandes temas da cidade".
En primeiro lugar, Caballero salientou o "compromiso serio do Goberno de España" co AVE a Ourense-Vigo, cuxo estudo informativo aprobou provisionalmente a Dirección Xeral de Ferrocarrís o 19 de setembro. En relación a esta infraestrutura, o alcalde referiuse ao "desbloqueo" da nova estación de tren, que será obxecto dunha reunión "nos próximos días" entre o director xeral de Ferrocarrís e o propio Caballero.
Tamén dentro do apartado das comunicacións, o alcalde mencionou a "solución clara" proposta pola Xunta para a ponte de Rande, consistente na construción de carrís adicionais e que "se fará en dous ou tres anos", segundo sinalou Caballero. Así mesmo, o alcalde lembrou que este ano se iniciarán as obras da nova plataforma de estacionamento e do novo aparcadoiro do Aeroporto de Peinador, cuxo Plan Director estará rematado "en pouco tempo".
Por outra parte, Caballero reiterou que o PXOM estará dispoñible para a súa aprobación definitiva antes de fin de ano. O alcalde, asegurou que a tramitación deste documento avanza "a velocidade de cruceiro" e lembrou que nel se reservará o 40% do solo edificable a vivenda protexida.
Ademais, o alcalde situou entre os logros dos seus cen días de goberno o debloqueo do proceso que levará ao inicio das obras de construción do Auditorio-Pazo de Congresos "en xaneiro" de 2008 e a cesión de terreos á Xunta de Galicia para a execución do Centro de Saúde de Bouzas.
Caballero lembrou todas estas xestións durante unha visita ao contorno da praza de España, onde se acaban de situar dúas das marquesiñas incluídas no novo contrato de mobiliario urbano, que, segundo afirmou, era "unha demanda de varios anos que o anterior Goberno non foi capaz de responder". Estas marquesiñas son un "símbolo" de que "mesmo as máis pequenas cousas se poden facer en tempo e lugar", sinalou o alcalde.
Descargar todas as imaxes