Retegal e o Concello ofrecen acesso a Internet WiFi gratis na praia de Samil
Redes de Telecomunicación Galegas Retegal SA vén de despregar, coa colaboración do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia e o Hotel Samil, a infraestrutura necesaria para achegar acceso a Internet WiFi gratuíto a todas as persoas que visiten a praia de Samil.
Durante esta experiencia piloto, que se estenderá ao longo de todo o mes de agosto, faranse estudos de tipo técnico e social. No que se refire aos aspectos técnicos, analizaranse parámetros de usabilidade e facilidade de acceso, número de usuarios soportados, grao de utilización do ancho de banda dispoñible, servizos de Internet máis demandados e catacterísticas dos dispositivos conectados á rede.
No tocante aos aspectos sociais, con esta experiencia preténdese analizar o grao de utilización destas infraestruturas con vistas ao despregamento dun servizo permanente de acceso a Internet noutras praias galegas a partir do vindeiro verán, en colaboración con outros concellos costeiros galegos. Ademais, obterase información para valorar a utilidade deste tipo de servizos para colectivos de usuarios dos areais galegos como Protección Civil, Cruz Vermella, Policía Local ou os concesionarios de servizos ao cidadán.
A conexión poderá facela calquera persoa que dispoña dun dispositivo de conectividade WiFi (802.11b ou 802.11g) como un ordenador portátil, unha videoconsola persoal ou outros dispositivos de ocio persoais que dispoñan de conectividade ‘wireless’.
Para navegar pola rede, simplemente hai que abrir un navegador de Internet e acceder a calquera enderezo. A primeira vez que se intente a conexión aparecerá a pantalla de rexistro da rede "Retegal Samil", na que se deberá introducir un nome de usuario (a palabra "retegal") e un contrasinal (a palabra "samil27"). A partir dese momento poderase navegar libremente pola rede.
Descargar todas as imaxes