Caballero e Louzán manifestan os seus desexos de colaboración
O alcalde, Abel Caballero, mativo este xoves unha reunión co presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, na que lle ofreceu "absoluta lealdade institucional" e manifestou o seu desexo de que o ente provincial "manteña o nivel de atención e de investimento" dos últimos catro anos en Vigo.
![1186060086louzan020807b.jpg 1186060086louzan020807b.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1186060086louzan020807b.jpg)
Caballero adiantou que no próximo mes de setembro o Concello remitirá á Deputación un programa de actuacións para os próximos catro anos, coa vista posta nun "diálogo bilateral" que permita que a relación entre as dúas administracións "siga sendo satisfactoria".
Pola súa parte, Rafael Louzán agradeceu a colaboración prestada polo Concello de Vigo durante a súa etapa como presidente da Deputación. Entre as próximas actuacións do ente provincial en Vigo, Louzán sinalou a finalización de oito novos campos de fútbol de herba sintética e a mellora "urxente" do aeroporto de Peinador, en aspectos como a seguridade das súas saídas, a súa conexión co IFEVI e a revisión, a finais deste ano, do convenio con Air Europa.
Pola súa parte, Rafael Louzán agradeceu a colaboración prestada polo Concello de Vigo durante a súa etapa como presidente da Deputación. Entre as próximas actuacións do ente provincial en Vigo, Louzán sinalou a finalización de oito novos campos de fútbol de herba sintética e a mellora "urxente" do aeroporto de Peinador, en aspectos como a seguridade das súas saídas, a súa conexión co IFEVI e a revisión, a finais deste ano, do convenio con Air Europa.
![1186060086louzan020807b.jpg 1186060086louzan020807b.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1186060086louzan020807b.jpg)
![1186060104louzan020807.jpg 1186060104louzan020807.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1186060104louzan020807.jpg)