Escoitar

Vigozoo acolle o seu segundo campamento estival para nenos

Vigozoo acolle estes días o seu segundo campamento estival, dentro do programa de actividades de verán de 2007. O campamento conta cunha elevada participación, cun total de 24 nenos de 8 a 13 anos, que pasarán dous días cheos de actividades nas instalacións do parque.

xoves, 2 ago 2007
Entre estas actividades, que se desenvolven o 1 e 2 de agosto, as máis interesantes son o xa coñecido toca-toca (onde os rapaces poden tocar e achegarse a distintas
especies de réptiles e insectos), un obradoiro de plantación de árbores, unha sesión de planetario, a visita noctura polo zoo, o obradoiro de anelamento científico de aves, a ruta interpretativa polo miradoiro da Madroa (onde se sinalizarán as especies árboreas máis representativas) e un obradoiro de compostaxe a cargo do departamento de Bioloxía Animal da Universidade de Vigo.