Caballero reúnese cunha representación dos comerciantes de Príncipe
O alcalde, Abel Caballero, mantivo este mércores unha reunión protocolaria con Cándido Rial e Enrique Núñez, do Centro Comercial Aberto-Centro Príncipe, que deste xeito inician unha rolda de contactos cos axentes políticos da cidade para definir os proxectos globais de desenvolvemento das súas actividades comerciais.
![1185975258comercio010807.jpg 1185975258comercio010807.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1185975258comercio010807.jpg)
Entre estes proxectos figura o de execución dunha cuberta para a rúa Príncipe, documento que xa está elaborado pero que aínda non lle foi entregado ao alcalde, aínda que, segundo sinalou Caballero, "quedaron en traermo máis adiante". O alcalde asegurou que observa "con grande atención" a posibilidade de cubrir Príncipe, polo que se comprometeu a "estudar a fondo" o proxecto dos comerciantes e a darlle o seu apoio se o considera beneficioso para o comercio e para a cidade.
Descargar todas as imaxes