Escoitar

AFAGA celebrará en Vigo a III edición do Congreso Nacional de Alzhéimer en 2008

Abel Caballero reuniuse este martes coa Asociación de Enfermos de Alzhéimer AFAGA, que lle comunicou ao alcalde a elección da cidade de Vigo para o "III Congreso Nacional de Alzhéimer" que terá lugar do 9 ao 11 de outubro de 2008.<br />

martes, 31 xul 2007
1185882692AFAGA310707.jpg
A Confederación Española de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias (CEAFA), a Sociedade Española de Xeriatría e Xerontología (SEGG) e a Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) organizarán o seu III Congreso Nacional de Alzhéimer en Vigo tras un proceso de selección no que competiron cidades como Málaga e Pamplona. O evento terá lugar a segunda semana de outubro do ano 2008, entre os días 9 e 11.

Trátase dun evento enfocado a analizar a enfermidade do alzhéimer dende un punto de vista global e integrador no que o Concello non dubidará en volcarse para contribuír a axudar ás persoas afectadas por esta enfermidade. Por outra banda, este congreso, dadas a súa relevancia e importancia, cunha asistencia prevista de máis de 1.000 persoas, contribúe ao desenvolvemento dunha vocación nova para a "cidade de congresos científicos", que podería ser un referente para próximos congresos.

Dado o interese do congreso e a súa repercusión en canto a volume de persoas que acudirán, faise necesario contar coas instalacións adecuadas para que o evento se poida desenvolver de maneira exitosa. Por todo isto, o III Congreso Nacional de Alzhéimer terá lugar nas dependencias do Centro Cultural Caixanova e do Centro Social Caixanova.
Descargar todas as imaxes