Escoitar

O Verbum abre a "Biblioteca Deseñada"

luns, 30 xul 2007
A partir do vindeiro 1 de agosto e até finais de setembro, de dez da mañá a nove da noite, o Verbum porá a disposición dos seus usuarios a "Biblioteca Deseñada", unha biblioteca de verán centrada no mundo da banda deseñada, con especial atención á producción galega.

Todos aqueles que o desexen poderán levar até un máximo de tres cómics en préstamo durante un período de dous días.