Escoitar

Pleno da Corporación Municipal

venres, 27 xul 2007
Convócase ao Pleno da Corporación para ter lugar sesión ordinaria no salón de Plenos ás 09.00 horas luns 30 de xullo para resolver os asuntos da seguinte relación:

1.- Acta anterior. (Sesión constitutiva 16.06.07)

2.- Dar conta da acta da sesión conxunta de data 17.07.07 pola que se constituiron as comisións do Pleno e proponse á Alcaldía o nomeamento dos seus presidentes efectivos.

ALCALDÍA
3.- Dar conta da resolución do Alcalde-Presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de data 11.07.07 pola que se delegan determinadas atribucións na delegada da Área de Urbanismo.

4.- Dar conta da resolución da Alcaldía de data 13.07.07 pola que delega a súa atribución de representante do Concello nos órganos de goberno de diferentes fundacións.

5.- Dar conta da resolución da Alcaldía de data 17.07.07 pola que nomean os presidentes efectivos das comisións do Pleno.

6.- Dar conta da resolución da Alcaldía de data 17.07.07 pola que se nomean os secretarios delegados das comisións do Pleno.

7.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 20.07.07 nominando os cargos corporativos con dedicación exclusiva e parcial.

8.- Dar conta dos escritos dos cargos corporativos aceptando a súa nominación para o desempeño das súas funcións en réxime de dedicación exclusiva.

9.- Proposta da Alcaldía de data 24.07.07 referente á designación de membros suplentes no Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo.

XUNTA DE GOBERNO LOCAL
10.- Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local de data 16.07.07 pola que se delegan determinadas atribucións en concelleiros delegados de área e noutros membros da Xunta de Goberno Local.

ÁREA DE ECONOMÍA E FACENDA
11.- Aprobación da conta xeral correspondente ó exercizo 2006.

ÁREA DE URBANISMO E VIVENDA
12.- Aprobación definitiva do convenio de planeamento urbanístico sobre os solares núms. 39, 41 e 43 da rúa Marqués de Valladares. Expte. 4662/401.

13.- Interposición de acción de revisión de oficio do acordo do 29.07.02 polo que se aprobou definitivamente a modificación puntual núm. 23 do PXOM e de 28.07.04 de aprobación definitiva do PERI IV-01 San Roque. Expte. 10407/411.

14.- Rectificación/aclaración do punto 19.10 da normativa urbanística do PERI IV 01 San Roque. Expte. 8159/411.

CONTROL DOS ÓRGANOS DE GOBERNO
15.- Moción da voceira do GPM do Partido Popular de instar á Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia que acometa obras de mellora e urbanización en varias rúas e avenidas da cidade.

16.- Moción da voceira do GPM do Partido Popular instando a execución dun plan parroquias no que se recollan as actuacións reclamadas pola Federación de AAVV.

17.- Moción da voceira do GPM do Partido Popular instando a execución de diversos proxectos de humanización.

18.- Rogos e preguntas.