Escoitar

O grupo Marea chega a Vigo no máis alto do rock español<br />

O concelleiro de cultura, Xesús López presentou este xoves o concerto que Marea ofrecerá no Auditorio de Castrelos ás 22.30 horas o vindeiro mércores 1 de agosto.

xoves, 26 xul 2007
1185447542marea260707.jpg
O aclamado grupo de rock Marea, aterrará en Galicia despois de tres anos sen dar concertos na nosa Comunidade. O Auditorio de Castrelos de Vigo será o lugar elixido polo grupo para presentar o seu último traballo, "Las aceras están llenas de piojos", o mércores 1 de agosto a partir das 22.30 horas. Marea será predecido no escenario polo grupo vigués Esenia, que será o encargado de abrir o concerto.

A banda de rock navarra conseguiu cos seus últimos tres discos o que moitos grupos soñan: ser o número un das listas de vendas por enriba de artistas comerciais e mediáticos, ademais de obter o Disco de Ouro con "Besos de perro" (2002) e o de Platino con "28.000 puñaladas".

O concerto de presentación do seu último traballo en Madrid logrou colgar o cartel de "non hai entradas" cun aforo de 10.000 persoas, cifra que dende había tempo non alcanzaba un grupo de rock e unha proba que demostra que non é necesario estar todos os días na televisión nin nas radiofórmulas para encher estadios.

As entradas teñen un prezo de 6 euros en venda anticipada e de 8 euros no despacho de entradas de Castrelos. Pódense conseguir na web de Caixanova ( www.caixanova.es) ou na Taquilla Telefónica Caixanova, chamando ao 902 504 500.
Descargar todas as imaxes