Conta atrás para a candidatura da Universiada 2013
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, encabeza a delegación oficial da candidatura de Vigo para acoller a Universiada de Verán que se celebrará no ano 2013, e que viaxará o vindeiro martes a Bangkok (Tailandia) para coñecer a organización da XXIV Universiada que se inicia o 8 de agosto nesta cidade.
Segundo anunciou este venres o tenente de alcalde, Santi Domínguez, a delegación oficial da cidade de Vigo ten sido acreditada polo Comité Organizador da Universiada de Bangkok 2007 coa categoría de "observadores", o cal permitirá coñecer de primeira man a organización da XXIV Universiada de verán que se celebra na capital tailandesa.
A delegación viguesa, formada polo tenente de alcalde do Concello de Vigo, Santi Domínguez, o rector da Universidade de Vigo, Alberto Gago, o concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, Xabier Alonso, a concelleira Elena Maure en calidade de arquitecta, e o profesor universitario e experto en organización de eventos a nivel mundial, Roberto Álvarez, vai ser recibida polos máximos dirixentes da Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU), a quen se lles fará entrega de mensaxes persoais do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e da conselleira de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo. Ademáis, a delegación visitará as diferentes instalacións deportivas e infraestruturas de que dispón Bangkok para acoller tan relevante evento internacional, segundo salientou o concelleiro Xabier Alonso, de xeito que a cidade de Vigo conte coas mellores condicións posibles para resultar elixida.
A Universiada celébrase cada dous anos e convoca a 10.000 atletas procedentes de 170 países, unhas cifras só superadas polos Xogos Olímpicos. O programa deportivo está integrado por dez disciplinas de carácter obrigatorio: atletismo, fútbol, baloncesto, voleibol, tenis de mesa, esgrima, natación, saltos, waterpolo, ximnasia artística, ximnasia rítmica e por tres disciplinas de exhibición que selecciona cada cidade anfitriona.
As vindeiras edicións da Universiada terán lugar na capital serbia, Belgrado, no 2009, e na cidade chinesa de Schenzhen, no 2011. A cidade de Murcia, que xa presentou a súa candidatura para a Universiada do 2011, tamén opta a organizar este evento no 2013. Deste xeito, antes do 2009, a cidade de Vigo ou a de Murcia será designada candidata oficial para acoller a Universiada.
Descargar todas as imaxes