O Concello reconstruirá en Saiáns un chalé do arquitecto Jenaro de la Fuente
O Concello asinará un convenio cos propietarios do chalé situado no número 86 da rúa Pi y Margall para recibir en doazón ese edificio, deseñado polo arquitecto Jenaro de la Fuente. Os mesmos propietarios comprométense a trasladar o edificio á parroquia de Saiáns, onde o Concello o utilizará con fins sociais.
O chalé está catalogado no Plan Especial de Edificios, Conxuntos e Elementos a conservar como un inmoble conservable e trasladable dentro do término municipal. A súa superficie é de aproximadamente 350 m2.
Unha vez se asine o convenio, os propietarios teñen un prazo de dous meses para presentar o proxecto de desmontaxe do edificio. Despois, abrirase outro prazo de seis meses para reconstruír o chalé no lugar indicado polo Concello.