Edítase unha publicación coas accións do Plan de acción municipal contra a violencia de xénero
A concelleira de Muller, Ana Gandón, presentou unha publicación co balance do Plan de acción municipal para combater a violencia contra as mulleres, que forma parte da colección ”Nós mesmas”.
Unha das medidas do plan é o Punto Informa, que consiste nun convenio entre a Concellería da Muller e a Vocalía da Muller da federación veciñal ”Eduardo Chao”. Conta cun presuposto de 2.600.000 pesetas para a súa creación e mantemento, así como para a atención dos gastos de formación e desprazamento da rede veciñal de mediadoras.
Unha técnica ofrece información sobre recursos e servicios de mulleres, en especial nos casos de violencia, no local da federación ”Eduardo Chao” de 18:00 a 20:00 horas.
A partir do mes de agosto entra en funcionamento a asistencia letrada para víctimas de malos tratos. Este servicio debería ser cuberto desde a Xunta de Galicia como acontece noutras comunidades autónomas, segundo afirmou Ana Gandón, pero neste caso é o Concello de Vigo o que cobre esta necesidade mentres a Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude non chegue a un acordo co Colexio de Avogados.
A situación de indefensión xurídica que sofren as mulleres que denuncian malos tratos e a tardanza en aplicar medidas claras e contundentes que erradiquen esta situación fai que desde a Concellería da Muller se ofrecese asistencia letrada gratuíta a aquelas mulleres de Vigo que a precisen.
Este servicio conta cun presuposto de 500.000 pesetas e o seu acceso é a través do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller. Comprende a asistencia legal na comparecencia de adopción das medidas provisionais previas á demanda de separación ou divorcio para as mulleres da Casa de Acollida que aínda non teñan designado avogado de oficio e maila asistencia legal nos xuízos de faltas por malos tratos.
O teléfono 24 horas para atención das mulleres víctimas de violencia recibiu, desde xaneiro, 1.240 chamadas que requerían información e asesoramento sobre casos particulares. Destas chamadas, o 30% foron relacionadas con problemáticas de violencia. Outro dato relevante é que se atenderon 307 chamadas de profesionais de urxencias, servicios médicos, entre outros, que precisaban información sobre atención ós malos tratos e utilizaron este servicio de asesoramento como recurso. O número de teléfono é o 986-293963.
Descargar todas as imaxes