O Concello ordenará o parque de Castrelos
A concelleira de Patrimonio Histórico, Carmen Martínez Corbalán, presentou o avance do Plan Especial de Protección do parque ”Quiñones de León” que ten como finalidade a ordenación e protección do sistema xeral do parque público, do conxunto arquitectónico dos xardíns históricos e artísticos.
O ámbito do protección amplíase ó establecido no PXOU en dúas áreas: a zona de solo vacante de protección da canle do Lagares e a existente entre o río e a Avenida Arquitecto Palacios: e créae unha franxa de protección de aproximadamente 16 m. de ancho que axude a recompoñer a relación do parque coa cidade.
Outros dos criterios e obxectivos de ordenación son rexenerar as ribeiras do Lagares aplicando unha intervención respectuosa co ecosistema fluvial, favorecer a conservación dos elementos artísticos, etnográficos e culturais e protexer a riqueza forestal.
No avance do Plan delimítanse oito áreas e propostas concretas para cada unha delas.
1.- Área de protección e conservación: integrada polo conxunto arquitectónico do Pazo e os seus xardíns. O obxectivo predominante nesta zona será a conservación integral e o mantemeneto de tódolos elementos.
2.- Área de rexeneración e equipamento: comprende a zona baixa do parque. Nesta área proponse un conxunto de actuacións entre as que está a extensión do ámbito á zona adxacente á Avenida Arquitecto Palacios, o que permitirá a ampliación do parque ubicando nesa zona os aparcamentos e as pistas polideportivas. Asemade facilitaríase a conexión coa area do pazo da Pastora e o pavillón do Carme. Prevese tamén a creación dun corredor natural no río.
3.- Área este de entrada ó pazo. Proponse reducir a superficie de aparcamento adaptándoa ás necesidades reais de servicio ó pazo. Tamén se suxire crear un paseo a carón da parte interior do muro que conecte o pazo co río e illar a baixada ó Pontillón cunha pantalla vexetal de árbores.
4.- Área de protección e conservación forestal. Formada polo arborado próximo ó pazo e pola zona boscosa cruzada por sendeiros. Neste caso propóñense medidas dirixidas a favorecer a rexeneración do solo, a conservación do arborado e á creación de pradeiras.
5.- Área de intervención no vial central. Suxírese a peonalización, limitando o tránsito ós vehículos de mantemento e percorrido institucional.
6.- Área de uso social e recreativo. Na zona que rodea o estanque principal non se prevén intervencións de importancia. Recoméndase que non se introduzan animais exóticos e que se concentre alí a flora ornamental do parque.
7.- Área de entrada oeste. Proponse a conexión da avenida Arquitecto Palacios coa avenida Portanet a través dun vial soterrado a suficiente profundidade para non danar a canle do río nin as especies vexetais do parque. Recoméndase ademais a humanización da avenida de Castrelos creando unha pantalla vexetal no límite do parque.
8.- Área perimetral de prevención. Recoméndase que nas figuras de planeamento secundario a desenvolver no contorno do parque se concentre a edificabilidade o máis alonxada posible, promovendo deste xeito a creación de áreas verdes na zona de protección.
O avance presentarase na reunión do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo que se celebra o xoves para pasar logo a exposición pública. A concelleira estima que nun ano estean tódolos trámites realizados para pór en marcha en plan.
Antecedentes
O Concello mercou en 1934 o pazo de Castrelos e o seu recinto a Mariana de White, viúva do Marqués de Valladares. En 1955 o pazo e o xardín pasaron a estar baixo a tutela do estado, ao amparo da Lei do Tesouro Artístico.
En 1985 todo o recinto declárase Ben de Interese Cultural, decisión que é ratificada pola Xunta de Galicia mediante a Lei 8/95 do Patrimonio Cultural de Galicia.
Descargar todas as imaxes