101 participantes no Rallye Rías Baixas
Milleiros de afeccionados ó mundo das competicións do motor volverán darse cita esta fin de semana nas estradas da nosa bisbarra. O sábado terá lugar un dos máis veteranos rallyes, o Rallye Rías Baixas que este ano fai a súa 37 edición.
O aparcamento de Samil será o lugar onde o venres se realizarán durante todo o día as probas de verificación, e o sábado a partir das 8.30 horas sairá o primeiro dos 101 participantes deste rallye.
En total serán 12 tramos cronometrados cunha distancia total de 155,240 km.: número de seccións, 4 e número de etapas, 1. Os tramos son os seguintes: Villasobroso-Oliveira: Salceda-Budiño: Morgadnas-Chenlo: Barciademera-Covelo: Maceira-Sabaxans e Riofrío-San Vicente.
O Rallye Rías Baixas entrega un total de 29 premios, segundo a clasificación xeral, por clase e a pilotos estranxeiros. O acto de entrega de premios será o sábado ás 23.50h. no aparcamento de Samil.
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, manifestou no decurso de rolda de prensa de presentación que o ” Concello de Vigo vén colaborando dende hai tempo coa organización deste evento e vaino seguir facendo porque considero que a nosa cidade debe continuar albergando probas deportivas de sona”.
Descargar todas as imaxes