Escoitar

O Infobús estará en Samil e na rúa do Príncipe para ofrecerlle información á mocidade

martes, 17 xul 2001
imx455.jpg
A Concellería de Xuventude presenta o calendario estival do percorrido do Infobús, unha oficina móbil que pretende descentralizar a información que se ofrece na Casa da Xuventude. Desde hoxe e ata o xoves estará en Samil e a partir do venres permanecerá na rúa do Príncipe.

Dúas persoas son as encargadas de facilitarlles ós mozos vigueses información sobre convocatorias, bolsas, cursos, campamentos, asociacións ou deportes de aventura. ”Trátase de non ter que agardar a que os mozos veñan ó noso Centro de Información e Documentación Xuvenil, senón de buscar alternativas para chegar nós ata eles, ata os seus lugares de reunión habituais”, explican desde a Casa da Xuventude.

Na primeira etapa procurouse dar prioridade a todas aquelas zonas afastadas do centro como Meixueiro, Beade, Coruxo, O Calvario, A Doblada, Cabral ou Matamá.

Buscouse elaborar un calendario de carácter periódico de forma que se visiten semanalmente os mesmos destinos, co fin de consolidar unha referencia dentro de cada centro. Estanse atendendo tamén peticións de varias escolas taller que solicitaron a visita do Infobús.
Descargar todas as imaxes