As operadoras deberán cumprir estrictos requisitos para reiniciar as obras de canalización de cable e gas
A Comisión de Goberno aprobou a proposta de convenio que permitirá o reinicio das obras de canalización de cable e gas na cidade, sempre que as operadoras conclúan as reparacións do pavimento e beirarrúas. O convenio establece a creación dunha comisión mixta para realizar o seguimento das obras, as cuestións técnicas que deberán cumprir as operadoras e un sistema de garantías.
A comisión mixta de seguimento coordinará os plans de actuación e estará integrada por representantes de Vías e Obras, Tráfico e doutros departamentos vencellados, así como polos responsables das operadoras. O Concello seleccionará un equipo de técnicos, pagado polas operadoras, que controlará as obras.
Mentres non se aprobe definitivamente a ordenanza xeral reguladora desta actividade, prohibiranse as canalizacións destas instalacións por fachadas con fronte á vía pública, agás que sexa imprescindible por razóns técnicas.
Non se autorizarán novas obras de canalizacións na vía pública ata que as operadoras teñan executado o 20% do volume de reparacións e reposicións pendentes. Os traballos de reposición das obras xa executadas deberán efectuarse polo mesmo contratista.
As operadoras deberán entregarlle ó Concello, no prazo de seis meses, un inventario das súas instalacións na vía pública en cartografía oficial dixitalizada.
Ás actuacións nas vías principais seguirá un período de exclusión de tres anos de duración no que se prohibirán novas canalizacións nesas rúas. As canalizacións deberán discorrer polas beirarrúas e, se non fose posible, polo carril máis próximo ó bordo daquelas.
Entre as garantías que velarán polo cumplimento do convenio está o depósito dun aval por 41 millóns de pesetas por parte das operadoras.