Escoitar

”Na cidade” ciclo de cine ó aire libre

venres, 13 xul 2001
imx442.jpg
Cinco películas sobre a representación da vida urbana proxectaranse na praza do Rei a partir do próximo domingo, dentro da programación da festas do Cristo da Victoria que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural.

A cita será ás 11 da noite, entrada libre, entre os días 15 e 19 de xullo.

Domingo, 15 de xullo: LENA, de Gonzalo Tapia.

Lena é unha rapaza de dezaséis anos que soña nada máis que con saír do ambiente no que malvive. Sen embargo, o seu pai, demasiado proclive a andar en leas acabará nun hospital por causa da malleira que lle zoscan uns guichos. Lena verase obrigada a introducirse neste mundo que detesta para salvar o seu pai.


Luns, 16 de xullo: ESPERANDO Ó MESÍAS, de Daniel Burman

Ariel, un rapaz xudeo que, a pesar de sentirse orgulloso das súas raíces, vive una crise de identidade. Santamaría, un empregado de banca, que ve en perigo a súa dignidade cando perde o seu traballo, fogar e matrimonio. Ariel abandona o seu entorno inmediato e lánzase a descubrir o mundo. Santamaría, excluído do seu ambiente, mergúllase no mundo exterior e trata de sobrevivir. Cada un polo seu lado, intentaran descubrir o amor e a xustificación das súas vidas. Ambos encontraranse nos pequenos universos de relacións personais creados polos habitantes do Buenos Aires actual, convertido en símbolo da metrópole moderna.

Martes, 17 de xullo: O BANQUETE DE VODAS,de Wayne Wang.

Wai-Tung Gao comparte con su amante Simon un bonito dúplex en Manhattan, é cidadán estadounidense e o separan dez mil millas dos seus pais, que se preguntan por qué aínda non casou. Simon sente a tensión que sofre Wai-Tung cada vez que fala cos seus pais e propón unha solución: que se case con Wei-Wei, unha bonita e xove artista chinesa que vive ilegalmente de alugueiro nun dos apartamentos que ten Wai-Tung no SOHO. Páctase un acordo e Wei-Wei múdase a casa de Wai-Tung. Pero Wai-Tung nunca pensou que os seus pais voarían de Taiwán aos Estados Unidos para asistir á voda.

Mércores, 18 de xullo: A CIDADE TRANQUILA, de Robert Guédiguian

Michele é unha pescadora cun único obxetivo na vida que é salvar a súa irmán da súa drogadicción: Paul convence ao seu mellor amigo para que se faga taxista: Abderraman transformado polo tempo que pasou no cárcere, quere axudar agora aos seus irmáns: Gerard manten unha actitude misteriosa fronte a morte (a súa propia e aos dos demais).
Estas historias individuais transcorren no mesmo lugar e ao mesmo tempo: Marsella no ano 2000. Todo dá a entender que a

Xoves, 19 de xullo: GIRLFIGHT, de Karyn Kusama.

Diana Guzmán ten unha especial habilidade para meterse en líos. É unha adolescente malhumorada que se pelexa con cantos se cruzan no seu camiño. Diana vive co seu pai e co seu irmán menor nun grupo de viviendas humildes de Brooklyn. Un día, cando vai cumprir un encargo do seu pai, introdúcese no subterráneo mundo do boxeo, nun ximnasio do barrio. E decide aprender a golpear con boa técnica e quén sabe se chegará a competir, a pesar da resistencia de todo o mundo. Aproveitando que o seu pai lle paga clases de boxeo ao seu irmán, Diana convence ao entrenador para que a prepare.
Descargar todas as imaxes