A mesa de contratación do Plan Xeral só admite a proposta presentada por Consultora Gallega
Dúas empresas presentaron as súas ofertas no Concello de Vigo para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, pero unha das propostas quedou rexeitada por carecer de solvencia técnica. Na mesa de contratación estiveron membros de tódolos grupos municipais e o subdirector xeral de Urbanismo, Vicente Ruiz de Soldevilla, en representación da Xunta de Galicia.
Consultora Gallega presentou unha oferta económica de 198.470.000 pesetas. O equipo, dirixido polo arquitecto Juan Ignacio Zumárraga, está integrado por 43 persoas e conta con asesores externos como César Portela, Xerardo Estévez, Xosé Luis Pereiro, Xaime Garrido, Marián Leboreiro e Gabriel Santos.
A proposta de Aguirre Newman, a outra empresa aspirante, quedou rexeitada por carecer de solvencia técnica.
O prego de condicións para a contratación do Plan Xeral de Ordenación Municipal foi consensuado polos grupos municipais e por tódolos membros do Consello Sectorial de Urbanismo.
Os técnicos municipais realizarán os informes preceptivos sobre a oferta presentada e a mesa de contratación reunirase de novo para decidir a adxudicación do concurso.
Descargar todas as imaxes