Escoitar

Lois Castrillo e Horacio Gómez asinan o protocolo de colaboración para a construcción dun novo estadio

xoves, 12 xul 2001
imx439.jpg
O alcalde de Vigo e o presidente do Real Club Celta asinaron un protocolo no que o Concello se compromete a realizar as adaptacións urbanísticas pertinentes para facilitar a construcción do novo estadio e dun complexo deportivo, hoteleiro e comercial.

Os recursos económicos xerados por esta operación deben permitir o financiamento do novo campo de fútbol. Concello e Celta terán que colaborar na realización dos proxectos técnicos e estudios de viabilidade necesarios. Horacio Gómez indicou que xa hai empresas e entidades financeiras interesadas, como Caixanova, que poden entrar a formar parte do convenio. A construcción do estadio terá un presuposto superior ós 8.000 millóns de pesetas e unha capacidade para reunir entre 30.000 e 35.000 espectadores.

Segundo o protocolo, o Concello licitará unha concesión administrativa sobre os terreos, cunha superficie de arredor de 70.000 metros cadrados, coa obriga para o concesionario da construcción do novo estadio, que se compensaría coa explotación do complexo deportivo, comercial e de ocio.

Desde o punto de vista municipal, trátase de aproveitar a nova construcción nun proceso de reforma urbana en profundidade nunha zona na que se concentra moita poboación. Coas primeiras licencias para construcción de vivendas en Navia asentaranse entre 20.000 e 30.000 persoas.
Descargar todas as imaxes