O Concurso de Saltos Internacional de Vigo celebrarase no recinto feiral de Cotogrande

O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, e o presidente do comité organizador, Manuel Fernández, presentaron o Concurso Internacional de Hípica que se celebrará do 11 ó 16 de agosto no recinto do Instituto Feiral de Vigo en Cotogrande.
”A edición deste ano vai ser unha boa pedra de toque para a Copa do Mundo que se celebrará en Vigo no mes de febreiro e que vai converter a nosa cidade na capital da hípica”, explicou o alcalde.
O impulso da organización e o apoio decidido prestado polo Concello de Vigo favorecen a crecente proxección deste certame. ”O concurso converteuse xa en algo máis que unha proba puramente deportiva. É un acontecemento que completa a oferta de ocio dos veráns da nosa cidade e que consegue atraer a Vigo visitantes de moitos puntos de Galicia e do resto da península”, sinalou Castrillo.
O Concurso Hípico de Vigo é unha proba consolidada que suscita a atención de xinetes estranxeiros que solicitan a súa participación no evento. A súa inclusión nun circuíto de probas internacionais, xunto cos campionatos que se desenvolven en Burdeos e en Matosinhos, servirá para seguir aumentando a súa repercusión no futuro.
Descargar todas as imaxes