Escoitar

O emisario submariño da Edar do Lagares volveu funcionar onte trala reparación realizada a pasada fin de semana

mércores, 11 xul 2001
O emisario submariño do Lagares funciona dende onte, despois de permanecer varios días inutilizado para ser sometido a diversas reparacións. Os arranxos comezaron o pasado venres, para o que foi necesario poñer en servicio os aliviadeiros do colector de marxe de ría en diversos puntos do porto de Vigo.

Aínda será necesario continuar cos labores de acondicionamento do emisario, pero nestes momentos está conectado. Unha das súas bocas funciona con normalidade, levando as augas procedentes da depuradora ata tres kilómetros da costa. A outra boca do emisario está vertendo a algo máis dun kilómetro do litoral e a unha profundidade de 20 metros.

Por outra parte, a causa de diversas obras que se están a executar no curso do Lagares, a auga baixa turbia nalgunhas ocasións. Por esa razón desaconséllase o baño na área da embocadura do río. O Concello realiza controis do estado das praias para verificar a súa situación e detectar calquera posible problema na calidade da auga nas zonas de baño.