Eugénio de Andrade, premio Camões, tamén foi galardonado co “Celso Emilio Ferreiro”
O poeta portugués Eugénio de Andrade recibiu esta semana o Premio Camões 2001. O galardón que entregan os gobernos de Portugal e Brasil está considerado como o máis importante en lingua portugesa.
Eugénio de Andrade tamén foi galardonado este ano co premio de poesía “ Celso Emilio Ferreiro” que convoca o Concello de Vigo e a Deputación de Ourense. O xurado deste premio estimou de Eugénio de Andrade a calidade global da súa obra, contemporánea dos movementos neorrealistas e surrealistas, recoñecida como a máis sobranceira obra poética, que non acusa influencias apenas das diferentes escolas literarias, propoñendo unha poesía elemental, dunha musicalidade que só atopa precedentes na nosa lírica medieval.
Eugénio de Andrade nace ó norte de Lisboa e na actualidade vive en Oporto. Alcanzou o seu maior éxito coa colección de poemas “ As mans e os froitos” e é o poeta portugués vivo máis traducido no exterior.
O premio Camões recibírono noutras edicións Jose Saramago, Miguel Torga e Jorge Amado.