Exhibición de ”castellers”
O grupo ” Miñóns” de Terrasa fará unha exhibición de ”castells” o venres ás 21h. na Porta do Sol e o sábado ás 12,30 na praza de América. A actividade forma parte do programa das Festas do Cristo da Victoria que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural.
Cando en Cataluña se fala de “castells”, o máis probable é que se estea a falar de construccións de torres humanas e non de construccións medievais de defensa, nas que non intervén outro elemento que non sexa o corpo humano.
Os “castells” son unha actividade viva, que evoluciona tecnicamente ó longo dos tempos, espectacular e emocionante, cunha plasticidade difícil de describir. Ningún outro exercicio similar chega a te-la envergadura dos “castells”, que alcanzan con facilidade os sete pisos, incluso os oito, e en contadas ocasións os nove pisos de altura.
A súa orixe non está moi clara, pero parece que os “castells” humanas cataláns proveñen de la Moixiganga d’Algemesí, un antigo baile de orixe valenciana do S. XVII. Ó finaliza-lo baile formábase unha pequena figura na honra da virxe. Co tempo a figura do final vai ir adquirindo importancia ata chegar a quedar como única figura do baile.
A rivalidade entre os “colles” por face-la figura, a torre, cada vez máis alta, vai transforma-los métodos e a súa estructura de xeito que a finais do século XVIII xa se pode falar de “castells” de verdade, moi semellantes ós que se poden ver hoxe en día.
Os “castells” chegarán ó seu máximo esplendor na segunda metade do século XIX, para entrar a continuación nun longo periodo de decadencia que se prolongará ata finais da metade do século XX e que, con algúns indicios de recuperación, vaise manter practicamente ata fins dos anos sesenta.
Aquela profunda crise explicouse a partir de causas internas e externas que confluíron naquel tempo, un progresivo envellecemento dos “castellers” agravado por unha masiva emigración, deixarán ós “castells” sen efectivos. Pero, paradoxicamente será tamén a emigración o resorte da súa posterior expansión xeográfica.
A partir de entón producirase unha lenta recuperación que se acelerará extraordinariamente cara a finais dos anos setenta. Coincidindo co proceso de recuperación da lingua e a cultura catalanes os “castells” experimentarán un gran crecemento, de maneira que se chegaran a recuperar “castells” que non se facían dende o século XIX e actualmente experimentaron unha grande expansión xeográfica.
Este proceso culminará nos nosos días, nos que podemos falar dunha segunda época de ouro dos “castells”, tal é así que se fixeron, entre outras cousas, novas estructuras de nove pisos non coñecidas no século pasado ademáis de ampliarse o seu marco de actuación.
Co paso dos anos, os “castells” foron perdendo todas as connotacións relixiosas e o seu carácter de actividades tipicamente rurais e hoxe en día son unha actividade fundamentalmente urbana. Asimesmo, froito da expansión xeográfica, dáse un novo elemento, como é o feito de que as “colles” que son un punto de referencia son máis e non se atopan xa concentradas nun espacio reducido, como pasaba no século XIX.
Actualmente os “castellers” visten pantalóns blancos, faixa negra e unha camisa dunha cor que diferencia cada “colla”. A dos “Miñóns de Terrassa” é lila, e algúns “castellers” levan tamén un pano de cor vermella.
Os “castells” acompáñanse durante a súa exhibición dunha música particular, el “toc de castells”, que indica o inicio, a “pujada”, a “coronació”, la “baixada” e o final da construcción.
Los “Miñóns de Terrassa”
Los “Miñóns de Terrassa” fixeron a súa presentación pública o día 14 de xullo de 1979. Pese a que na súa cidade non había unha tradición de “castellers”, xa que facía máis de vinte anos que non se viran “castellers”, o grupo vai experimentar un importante e rápido progreso técnico que os leva a ocupar unha posición de cabeza entre as sesenta agrupacións que actualmente existen.
Empezan facendo pequenos castelos de cinco pisos, construccións inseguras e faltas de técnica, pero en menos de cinco meses xa conseguían corona-lo primeiro “casteller” de sete pisos, tendencia de superación que manterían e que convertirían a súa traxectoria en inédita no mundo dos “castells”.
E é que os “Miñóns de Terrassa” non só foron capaces de construir en moi pouco tempo os “castells” da máxima categoría, senón que promoveron unha certa renovación da técnica e dos canóns tradicionalmente establecidos. Así, van se-los pioneiros na incorporación plena da muller ós “castells” e van enterra-las vellas crenzas que dicían que para ser un bo “casteller”, e chegar a crear grandes “castells”, había que ter unha formación de anos.
A “colla” dos “Miñóns de Terrassa” está formada, de feito, maioritariamente por xente xove, un grupo humano unido pola obra colectiva que representan os “castells”, un equipo onde cadaquén ten o seu lugar. Calquera, sen distinción de idade, sexo, condición física ou social, pode chegar a ser un bo “casteller”, tan só se fai necesario desexalo e facer un entrenamento constante.
Ademais das actuacións “castelleres”, os “Miñóns de Terrassa” manteñen toda unha sorte de actividades no campo de difusión dos “castells” a partir do traballo nas escolas, a edición dunha revista, exposicións, conferencias, seminarios, debates.
Descargar todas as imaxes