O Concello estuda a posta en marcha do Centro de Documentación e Biblioteca Musical de Vigo
O Concello vai encargar un proxecto para a posta en marcha do Centro de Documentación e Biblioteca Musical de Vigo, co obxectivo de reunir e pór a disposición dos cidadáns o legado artístico, en forma de partituras, arquivos sonoros e outros documentos, das entidades que se dedican ou dedicaron á música na nosa cidade.
Segundo explicou o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, esta iniciativa parte da existencia dun fondo de partituras da Banda Municipal de Vigo actualmente almacenado no Concello e que será catalogado para que os estudantes, investigadores e cidadáns en xeral poidan consultalo. O Concello traballará coas máis de cen entidades musicais de Vigo, desde corais e bandas de música ata agrupacións folclóricas, para engadir outros materiais a este fondo inicial.
O proxecto de posta en marcha do Centro de Documentación e Biblioteca Musical de Vigo definirá aspectos como o seu cadro de persoal, equipamentos e funcionamento. Ignacio López-Chaves adiantou que o traballo do Centro correrá a cargo dun musicólogo, un documentalista e un bibliotecario. Así mesmo, o concelleiro indicou que posiblemente estará vinculado ao museo Verbum-Casa das Palabras, porque a música "é outra forma de comunicación".
Promoción da fotografía
Ademais, Ignacio López-Chaves referiuse ao labor que se está desenvolvendo dentro do Arquivo Pacheco, actualmente pechado ao público, para pór a punto unha base de datos que permita a consulta dos seus fondos. O traballo de catalogación dos materiais do Arquivo está sendo realizado por un documentalista, co apoio de persoal informático.
De xeito paralelo á modernización do Arquivo Pacheco, o Concello proxecta a promoción de fotógrafos vigueses, comezando por Ángel Llanos e Mari Quintero, para os que xa están acordadas senllas exposicións. As mostras aínda non tiveron lugar porque neste momento non existe unha situación axeitada para elas, debido ás exposicións en Vigo de dous referentes culturais como son Tamara de Lempicka, na Casa das Artes, e Andy Warhol, no Verbum.
O Concello iniciou xa o proceso para adquirir a obra de Ángel Llanos, cuxo arquivo fotográfico está inventariado, segundo afirmou Ignacio López-Chaves. O concelleiro anunciou que este e outros arquivos permitirán a Vigo contar cun gran Museo da Fotografía que reunirá as obras dos fotógrafos locais para que poidan "ser obxecto de estudo, investigación e coñecemento" por parte dos cidadáns. A posta en marcha deste museo será un proceso lento, indicou López-Chaves.
Descargar todas as imaxes