Batalla de Flores
Un total de 12 carrozas desfilarán a partir das 19 horas do sábado 5 de maio polo centro de Vigo para celebrar a "Batalla de Flores" ambientada , nesta terceira edición, no mundo mariño e que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural coa colaboración da Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais.
No desfile que se iniciará na rúa García Barbón, dende Serafín Avendaño, e rematará na Porta do Sol, participarán diversos grupos de animación ambientados na temática do mundo mariño: "O Rei dos Mares", "Buscando a Nemo", "Calamares xigantes", "Grupo de animación Fundación Igualarte", tiburóns xigantes, peces tropicais, buceiro, medusas, bancos de peixes de cores, charanga, piratas zancos , animación a invasión pirata.
Durante o percorrido lanzaranse 50.000 serpentinas e se instalaranse 110 baterías de confeti que serán disparadas ao paso das carrozas.
O Concello instalará uns postos destacados de emerxencia , na rúa Colón con Policarpo Sanz e de atención e nenos e nenas perdidos na Igrexa de Santiago de Vigo. Tamén establecese un plan de tráfico con alternativas, consellos e recomendacións.
A Batalla de Flores foi unha festa popular moi arraigada na sociedade viguesa durante boa parte do século XX, sendo o evento máis multitudinario despois do Cristo da Victoria. A Concellería de Festas e Animación Sociocultural, a petición da Alcaldía, recuperando no ano 2005 esta festa, con gran éxito de público e unha gran implicación por parte das principais empresas e entidades da cidade. A recuperación deste evento festivo ten como obxectivos fomentar a identidade viguesa, recuperar a memoria histórica da cidade e promover a participación da cidadanía. Todo isto nun escenario que permita combinar a tradición coa modernidade.