Fin de semana de bailes e danzas nas "Noites Vivas"
Os mozos e mozas de Vigo terán a oportunidade, o venres e sábado, de poder aprender e practicar diferentes modalidades de danzas e bailes de forma totalmente gratuíta. Algunhas destas artes como capoeira, danza do ventre, break dance, baile galego, bachata e baile moderno poderanse atopar en diferentes puntos da cidade dentro do programa da Concellería de Xuventude Tardes e Noites Vivas.
Ademais de bailes tamén poderán realizarse diversos obradoiros, deportes ou acceder ás novas tecnoloxías (internet, chat, messenger, wifi, bluetooth, torneo de play station, debuxo co inkscape, etc.). A todas estas actividades pódese acudir só ou acompañado, en parella ou en grupo, co único requisito de ter ganas de pasalo ben e coñecer nova xente.
A programación de Tardes e Noites Vivas para esta fin de semana é a seguinte:
Venres 04 de maio
-No Pavillón Instituto O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1): Obradoiros de bonsais. Tatuaxes de henna. Tai-chi. Reflexoterápia podal. Pachanga nocturna ao aire libre e Xogos de mesa. Entre as 22.00 e a 01.00 h.
-Na Asociación Xuvenil Cancerbero (R/ Heráclio Botana, 6 - Baixo esquerda) disputarase unha Partida Multidirector de D&D. Entre as 22.00 e as 02.00 h.
-No Pavillón do Berbés (R/ Xacinto Benavente, 1): Danza do ventre. Cociña mediterránea. Obradoiro de coiro artesanal. Musculación e squash e baloncesto "Vigo en xogo". Entre as 23.00 e a 01.30 h.
-No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ó carón da pista de bicicletas): Debuxando co Inkscape. Danza oriental. Marcos de fotos. Iniciación ao teatro: malabares. Liga de xogos en rede. Internet, chat, messenger, bluetooth e wifi. Espazo aberto. Dardos electrónicos. Entre as 17.00 e as 23.00 h.
-Na Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia (r/ Marín, 1) continúa dispoñible internet gratis dende as 19.00 ata as 22.00 h. para uso dos asistentes a esta sede.
-No Pavillón de Coia (Avda Castelao s/n): Actividades deportivas. Iniciación á cultura galega (Baile, Pandeireta,...). Iniciación ao Coiro. Dardos. Entre 23.00 e a 01.00 h.
-Na Asociación Xuvenil Abertal (r/ Venezuela, 3 Baixo): Faino ti mesmo: carteiras de cómic e carteiras de coiro. Obradoiro de break dance. Curso HTML: deseña a túa páxina web I. Acceso a internet. Sala Multiusos. Entre 17.30 e 22.30 h.
Sábado 05 de maio
-No Pavillón Instituto O Castro (R/ J.G. Posada Curros, 1). Capoeira. Bailes: bachata. Trenzas do pelo. Masaxes Eróticos. Pachanga nocturna ao aire libre. E xogos de mesa. Entre 22.00 e a 01.00 h.
-No Pavillón do Berbés (R/ Xacinto Benavente, 1): Baile moderno. Decoración de mesa: Centros florais e protocolo. Obradoiro de chapas personalizadas. Musculación e squash e baloncesto "Vigo en xogo". Entre 22.15 e 01.30 h.
-No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ó carón da pista de bicicletas) Debuxando co Inkscape. Iniciación a Break dance. Marcos de fotos. Liga de xogos en rede. Internet, chat, messenger, bluetooth e wifi. Espazo aberto. Karaoke. Dardos electrónicos. Castroconcertos. Entre 17.00 e as 23.00 h.
-Na Asociación Xuvenil Abertal (R/ Venezuela, 3 Baixo) Faino ti mesmo: carteiras de cómic e carteiras de coiro. Café tertulia: conversas en francés. Torneo de play station. Acceso a internet. Sala multiusos. Entre 18.00 e as 23.30 h.
-Na Sala A! (Avda. Beiramar, 113) Sala Ábrete: Concerto. A partir das 17.00 h.
As actividades se desenvolven entre as 17:00 e as 2:00 horas, segundo o espazo, podéndose consultar máis información na Casa da Xuventude no 986 294 806 ou na web www.xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes