O Goberno municipal dá conta da liquidación dos orzamentos
O concelleiro de Economía, Javier Guerra, deu conta hoxe luns da liquidación dos orzamentos do Concello, que dá como resultados destacados a 31 de decembro de 2006 a redución do coeficiente de endebedamento á metade con respecto a 2003 e o mantemento da execución do gasto arredor do 80%.
"Todas os ratios se melloraron", afirmou Javier Guerra en referencia aos datos presentados hoxe luns. Guerra lembrou que ao mesmo tempo o Goberno local mantivo a presión fiscal "como máximo en torno ao IPC", levando a cabo, ademais, unha "política de apoio a familias numerosas" por medio de exencións fiscais.
As cifras da liquidación de 2006 resúmense nun resultado orzamentario de 33 millóns de euros (44% máis que en 2003), un remamente de Tesourería de 48 millóns (68% máis que nese ano), un aforro neto consolidado de 24,8 millóns (un 54% máis), un superávit consolidado de 43,7 millóns (147% máis) e un resultado de Tesourería ao peche de 76 millóns (case un 84% máis).
De entre os datos presentados, Javier Guerra salientou a redución da débeda municipal de 108,4 millóns de euros en 2003 a 66,5 en 2006, así como o mantemento da execución do gasto nun 80% sobre o total do orzamento, dato "especialmente relevante o ano pasado", segundo afirmou o concelleiro, "pola aprobación do Plan Parroquias en xuño". Ademais, Guerra recordou que se mellorou o ratio de xestión de ingresos nun 20% con respecto a 2003, pasando de 164 millóns ese ano a 201,3 en 2006.
Para o portavoz do Goberno local, José Manuel Figueroa, estes son uns "datos contundentes" que demostran a boa xestión do PP á fronte do Concello de Vigo. Neste sentido, Figueroa lembrou que o actual Goberno municipal licitou nos últimos tres anos obras por un importe total de 356 millóns de euros, dos que 137 foron dirixidos ás parroquias.
Descargar todas as imaxes