Escoitar

Programa de respiro ás familias de persoas con discapacidade

A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias ven de presentar un programa de respiro familiar en colaboración coa Fundación Menela e a Fundación MAPFRE O programa r é un conxunto de actuacións dirixidas a prestar unha atención integral á persoa con discapacidade.

mércores, 18 abr 2007
1176900349respiro.jpg
O fin deste servizo é colaborar coa familia coidadora dunha persoa con discapacidade, á que se presta apoio mediante un servizo residencial de duración transitoria (estancias temporais de curta duración) por motivos de descanso, enfermidade ou hospitalización, emerxencias e outras circunstancias análogas.

Con este servizo preténdese facilitar ás familias ou coidadores habituais servizos de atención temporal para a persona con discapacidade; favorecer e mellorar as relacións familiares e sociais , previr e paliar situacións de crise persoal ou familiar.

O Servizo de Respiro Familiar pode ser solicitado por aquelas familias cunha persoa con discapacidade que requiran apoio para o coidado desta. As necesidades que poden ter as familias para solicitar este servizo son moi variadas: problemas de saúde; compromisos familiares, laborais ou sociais; necesidade de descanso ou de tempo para disfrutar dalgunha actividadede ocio; conflictos familiares e/ou personais ou situacións familiares especiais (mudanzas, obras, falecementos, etc.)

O programa lévase a cabo pola Fundación Menela no Edificio CAMI sito na rúa Laxe nº 3 en Vigo.

O Concello de Vigo financia cunha cantidade de 24.000 € este servizo, aportando a Fundación MAPFRE unha cantidade de 5.900.- €.
Descargar todas as imaxes