Escoitar
Anuncio Administración de Tributos

Exposición pública do padrón sobre o Imposto de actividades económicas e industriais.

<br />

mércores, 4 abr 2007
Segundo a publicación no BOP núm. 64 de data 30 de marzo de 2007, estará en exposición pública o padrón do Imposto sobre actividades económicas e industriais, entre os días 1 de abril ata o 15 de abril en horario de 9 a 13.30 horas na oficina de Actividades Económicas e Industriais do Concello, a excepción dos sábados que se expoñerá no Rexistro Xeral, a matrícula do Imposto sobre actividades económicas correspondente ó 2007

As persoas interesadas poderán consultala e, de o consideraren, interpoñer recurso de reposición ante a Axencia Estatal da administración tributaria de Vigo no prazo de 15 días ou ben reclamación económico-administrativa no mesmo prazo, que contara a partir do día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición, de conformidade co Real decreto 243/1995 de febreiro de 1995 polo que se ditan normas para a xestión do Imposto sobre Actividades Económicas e se regula a delegación de competencias en materia de xestión censal do dito imposto.