Escoitar
Anuncio Administración de Tributos

Exposición pública do padrón do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica

<br /> <br />

mércores, 4 abr 2007
Segundo a publicación no BOP núm. 64 de data 30 de marzo de 2007, estará en exposición pública o padrón do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica do 2007, ata o 14 de abril inclusive, na oficina de Tributos Especiais-Vehículos, a excepción dos sábados que estará en exposición no Rexistro Xeral, en horario de 9 a 13 horas.

As persoas interesadas poderán consulta-lo dito padrón e interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó de finalización do período voluntario de pago ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo anterior, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 57/2003 das medidas para a modernización do goberno local.