Escoitar

Exposición sobre o traballo e os útiles de costura no Museo Liste

O Museo Liste de Vigo alberga unha nova exposición temporal baixo o título de "O traballo e o lecer a través dos útiles de costura: a colección de Rosa María Lopes Bamba", na que se presentan unha serie de materiais de uso cotián como fieis documentos das vidas das xentes que os usaron, sen esquecer a súa dimensión estética.<br />

martes, 3 abr 2007
1175606366liste.jpg
Entre os obxectivos deste evento destaca a posibilidade de ofrecer unha visión o máis aberta posible do que representa unha actividade, en principio, por todos coñecida pero non realizada sempre coas mesmas finalidades.

Pretendese ofrecer unha perspectiva analítica, máis ampla que a meramente contemplativa e máis próxima ao noso ámbito de estudo. Unha ollada sobre usos, mateirais, estructuras sociais e un monte de variables que configuran o envoltorio antropolóxico do obxecto, os "por qués" da peza.

A colección ao completo está composta por 345 pezas das que se expoñen as máis representativas, curiosas, documentadas e estéticas.

O novo evento continúa a serie "O coleccionismo privado" coa que a entidade pretende difundir esta actividade. A serie inaugurouse no ano 2001coa exposición "Obxectos en torno á bicicleta"

A implicación do Museo coa difusión desta tarefa xurde da mesma natureza da colección exhibida de maneira permanente. O groso do exposto nas nove salas que configuran o seu espazo museístico, correspóndese á doazón inicial e xeradora do proxecto que Olimpio Liste Regueiro otorgou ao constituirse a fundación xestora. O xermolo deste museo foi, enton tamén, unha parte dunha colección privada que deu vida primeiro ao Museo Liste de Oseira e da que unha fracción, viaxando cara a Vigo, xerou esta segunda iniciativa.

O Museo Liste de Vigo tenta por de manifesto a grande importancia que pode conlevar o coleccionismo privado como salvagarda dun tipo de patrimonio histórico e documental, con frecuencia, difícil de protexer.
Descargar todas as imaxes