A Concellaría da Muller pón en marcha novas iniciativas a favor da igualdade
A Concellaría da Muller, no marco do III Plan Municipal de Igualdade entre Homes e Mulleres, pón en marcha dúas iniciativas para promover a educación non sexista de nenos e nenas nas escolas: o "I Concurso Educación pola Igualdade" e novos incentivos para desenvolver accións que axuden a eliminar as discriminacións nos centros educativos.
O obxectivo de fomentar a igualdade de oportunidades de nenos e nenas desde as institucións educativas recóllese no III Plan Municipal de Igualdade, dentro do epígrafe "Coeducación nas Institucións Educativas: Escola e Familia". Empregando o termo "coeducación", o Plan refírese á educación conxunta de homes e mulleres nun sentido máis amplo que a educación mixta. Baixo esta concepción preténdese que a educación de nenos e nenas avance cara a un modelo integral no que non teñan cabida nesgos derivados do sexismo tradicional androcéntrico.
Nesta liña, a Concellaría da Muller convoca dúas iniciativas para impulsar e apoiar accións ou programas que se desenvolvan nos centros educativos da cidade e que teñan por obxecto traballar a prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminación de elementos de discriminación sexista.
Así, por unha parte a Concellaría propón, a todos os centros educativos públicos e privados concertados de Vigo, incentivos para a posta en práctica durante o curso 2006-2007 de medidas para eliminar a discriminación sexista e de accións ou programas para a promoción da igualdade.
Con estes obxectivos, a Concellaría da Muller propón unha lista non excluínte de medidas, que inclúe accións como a análise dos materiais didácticos desde a perspectiva de xénero, o establecemento de normas que regulen o uso compartido dos espazos comúns e dos recursos e medios técnicos do centro, e a realización de actividades que favorezan o coñecemento sobre a achega das mulleres á sociedade.
Antes do 15 de maio, os centros participantes deberán presentar unha memoria de avaliación do desenvolvemento das accións levadas a cabo durante o curso. A Concellaría da Muller fará unha valoración comparativa de todas as memorias presentadas e premiará a aquel centro docente que mostre maior coherencia, implicación e traballo neste campo. O premio para o colexio gañador será de 1.000 euros, cantidade que o centro se comprometerá a investir nun proxecto de igualdade durante o curso 2007-2008.
Por outra parte, a Concellaría da Muller convoca o "I Concurso Educación pola Igualdade: Visualizando Novas Realidades", co que se pretende que o alumnado plasme situacións cotiás da muller no ámbito público, ocupando espazos e desempeñando profesións tradicionalmente masculinas, así como mostrar aos homes naquelas situacións do ámbito privado que ata non hai moitos anos eran exclusivas das mulleres, como o coidado das persoas dependentes e as tarefas domésticas.
Con este concurso, dirixido ao alumnado de primaria e secundaria dos centros públicos e privados concertados, a Concellaría da Muller quere fomentar unha nova perspectiva de xénero que rompa coa visión tradicional da división sexual do traballo, amosando un reparto xusto e equitativo dos espazos público e privado. Haberá dúas categorías: unha para Educación Primaria e a outra para Secundaria.
Os traballos que se presenten a este concurso poderán facelo baixo calquera modalidade creativa (literaria, plástica, gráfica, musical, audiovisual…), e os seus autores poderán empregar os materiais e formatos que prefiran. O prazo de presentación dos traballos remata o 15 de maio e o fallo do xurado emitirase antes do 15 de xuño.
Descargar todas as imaxes