O Concello reedita unha guía de Vigo do ano 1879
O servizo de Patrimonio Histórico ven de reeditar o libro "Guía del forastero en Vigo escrita en verso por unos cuantos haraganes " editada en 1879 e que presentou hoxe o concelleiro Ignacio López Chaves.

A publicación é unha minuciosa descrición da cidade rúa a rúa, que permite ter unha radiografía dun período da sociedade e da economía de Vigo sobre o que non existe practicamente ningún estudo especializado.
A guía publicouse polo Faro de Vigo en 1879, e aínda que non se coñece a súa autoría, algúns estudiosos aseguran que un deles pode ser Teodoro Vesteiro Torres.
Juan Miguel González Hernández é quen realiza a redacción das anotacións históricas da obra reeditada polo Concello e que se poderá mercar nas librerías da cidade.
Descargar todas as imaxes