O programa de Nadal prosegue coa apertura da Carpa Máxica do Carteiro Real
A Carpa Máxica do Carteiro Real abre as súas portas hoxe martes á tarde, con obradoiros e actuacións de maxia para os máis pequenos. Outra das actividades da Concellaría de Festas para estas datas é o tradicional Concerto de Nadal, que terá lugar pasadomañá xoves no Centro Cultural Caixanova.
A Carpa Máxica do Carteiro Real permanecerá aberta desde a tarde de hoxe martes ata o próximo 4 de xaneiro, excepto os días 31 de decembro e 1 de xaneiro, en horario de 17.30 a 20.30 horas. O concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, afirmou que se pretende converter esta carpa "nun lugar de entretemento" para os nenos e as nenas.
Así, ademais de poder deixar as súas cartas aos Reis, os pequenos terán a oportunidade de aprender xogos de maxia participando en cinco obradoiros diferentes e asistirán ás actuacións de distintos magos. As actividades que se levarán a cabo na Carpa Máxica do Carteiro Real supoñen un importe de 18.000 euros.
Concerto de Nadal
Por outra parte, Ignacio López-Chaves presentou hoxe martes o Concerto de Nadal, que terá lugar pasadomañá xoves a partir das 20.30 horas no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova. O concelleiro sinalou a importancia deste evento musical, que responde, segundo indicou, á gran demanda do público.
Con estas actividades prosegue a programación do Concello para o Nadal, que inclúe outras iniciativas xa en curso como a carpa de NaviCow, na praza de Compostela; o parque de ocio infantil Vigolandia, no IFEVI; e a mostra "O xogo e o xoguete", no Verbum.
Descargar todas as imaxes