Corina Porro recibe o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xavier Blanco
A alcaldesa, Corina Porro, reuniuse hoxe luns no seu despacho co conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xavier Blanco, para chegar a acordos sobre prioridades do Goberno municipal como a ampliación do IFEVI e a diversificación da economía viguesa a través da dinamización turística.
Esta foi a primeira visita institucional do conselleiro á alcaldesa, aínda que ambos os dous teñen mantido conversas e reunións con anterioridade para perfilar as actuacións conxuntas das administracións que representan.
Fernando Xavier Blanco indicou que o obxecto destes contactos é "ir priorizando" as necesidades de Vigo para "dotalo de infraestruturas para o futuro", dentro das posibilidades marcadas polos orzamentos da Xunta de 2007 para a súa Consellaría. Pola súa parte, Corina Porro asegurou que o Goberno municipal quere "colaborar cun Goberno que debe investir nesta cidade". Neste sentido, a alcaldesa afirmou que cómpre "facer o traballo como agora: reunirnos, chegar a acordos e avanzar".
Corina Porro presentoulle a Fernando Xavier Blanco un estudo para a ampliación do número de prazas de aparcamento do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI). Este estudo contempla un investimento de 7.250.000 euros para incrementar en 1.100 o número destas prazas, co que pasarían a ser 2.500.
A alcaldesa indicou que outra das necesidades do IFEVI é a ampliación de superficie expositiva para que o recinto poida acoller grandes eventos como a feira do conxelado e produtos do mar Conxemar. O Concello, recordou Porro, xa lle pediu axuda á Consellaría de Política Territorial para dotar ao IFEVI de 6.000 m2 máis para exposicións, unha actuación que custaría 1,2 millóns de euros.
Ademais, o Goberno municipal propón a instalación de bancadas retráctiles cunha capacidade de 7.100 prazas, para aumentar a operatividade do recinto feiral, por un valor de 1,4 millóns de euros.
Dinamización turística
A outra prioridade do Goberno local na súa colaboración coa Consellaría de Innovación e Industria, segundo lembrou Corina Porro, é a diversificación da economía viguesa por medio da dinamización do turismo. Para alcanzar este obxectivo, o Concello intentará ligar a cidade de Vigo ao turismo náutico-urbano de calidade, a través dunha imaxe de marca que, de acordo con Fernando Xavier Blanco, será impulsada desde a Consellaría de Innovación e Industria.
A Concellaría de Turismo elaborou xa un plan de dinamización turística que se desenvolverá a través de accións prioritarias no bienio 2006-2007: creación do Vigo Convention & Business Bureau, incorporación do City Marketing á política de potenciación do turismo do Concello e a presentación ao mundo dun Vigo máis dinámico e moderno a través de "Vigo 2009", coincidindo co bicentenario da Reconquista. Estas accións, segundo prevé o Concello, veranse respaldadas con infraestruturas como o Auditorio-Pazo de Congresos e coa recuperación e dinamización do Casco Vello.
Compromisos
Fernando Xavier Blanco anunciou en relación ás necesidades sinaladas por Corina Porro que "daremos os primeiros pasos coa sinatura de convenios antes de fin de ano", para que 2007 "sexa de execución e non de planeamento".
Fernando Xavier Blanco indicou que o obxecto destes contactos é "ir priorizando" as necesidades de Vigo para "dotalo de infraestruturas para o futuro", dentro das posibilidades marcadas polos orzamentos da Xunta de 2007 para a súa Consellaría. Pola súa parte, Corina Porro asegurou que o Goberno municipal quere "colaborar cun Goberno