Escoitar

O Concello organiza ao longo de novembro actividades contra a violencia de xénero

O Concello de Vigo, a través da Concellaría da Muller, sómase á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, cun programa de actividades elaborado en colaboración con asociacións, sindicatos e colectivos de mulleres.

venres, 3 nov 2006
1162563165denuncia.jpg
Esta oferta, que se desenvolverá ao longo do mes de novembro, inclúe exposicións, charlas, xornadas e cine, entre outras actividades. Segundo explicaron hoxe venres durante a presentación deste programa a concelleira Lucía Molares e a coordinadora da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos, Rosa Fontaíña, a información , a concienciación e a sensibilización son as mellores ferramentas para axudar a erradicar este problema.

Por iso, a programación orzanizada co gallo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero concíbese a modo non só de lembranza das vítimas senón tamén de medio para aunar esforzos no combate contra unha forma de violencia que se presenta en forma de malos tratos, violación dos dereitos das mulleres, de acoso e de violencia psíquica e sexual.

A partir do dito popular "Amores que deixan pegada", a Concellaría da Muller chama a atención sobre as necesidade de denunciar as situacións de violencia de xénero, considerando que tanto o maltratador como os e as que co seu silencio se converten en cómplices deberán ver reflectida a súa pegada nunha ficha policial.
1162563165denuncia.jpg
1162563205violencia031106.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información