Escoitar

Exposición sobre "Jenaro de la Fuente Álvarez.Arquitecto.Linguaxe Racionalista"

A Casa Galega da Cultura acolle dende o día 3 de novembro e ata o 3 de decembro a mostra "JENARO DE LA FUENTE ÁLVAREZ. ARQUITECTO. LINGUAXE RACIONALISTA. VIGO" que forma parte dun amplo programa de catalogación da arquitectura viguesa impulsada pola Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. No caso deste autor o proxecto inclúe a catalogación da súa obra de carácter racionalista (unha faceta desconocida) así como a producción dunha exposición e un catálogo complementario.

venres, 3 nov 2006
1162553790santome.jpg
Instituto Santo Tomé
A exposición conta co catálogo JENARO DE LA FUENTE ÁLVAREZ, ARQUITECTO. LENGUAJE RACIONALISTA, editado polo COAG e coordinado polo seu neto, o arquitecto Jorge Alonso de la Fuente. A publicación achega as fichas de catalogación de todas as obras de factura racionalista, comprendidas entre o ano 1933 e 1959 e artigos de Jorge Alonso, Encarnación Pisonero e Antonio Larrondo.

A obra racionalista de Jenaro de la Fuente

O arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez realizou un importante esforzo para devolver á cidade de Vigo unha linguaxe arquitectónica moderna tras os oscuros anos da posguerra. A celebración desta exposición deu lugar a unha completa catalogación da obra racionalista do arquitecto, autor de obras moi salientables na cidade como a Escola de Comercio (Hoxe Escola de Empresariais), a tenda La Ideal, os Edificios Iglesias (esquina Reconquista c/ Praza de Compostela), Candeira (Pi y Margall) ou o Instituto Santo Tomé.

Biografía

Jenaro José Luís de la Fuente Álvarez, que así é como consta o seu nome no Rexistro Civil, nace en Vigo na rúa Príncipe o día 30 de abril de 1.891 ás 10 da mañán segundo consta nas actas de dito Rexistro Civil. É o ter­­ceiro de 4 fillos habidos no matrimonio entre Isolina Álvarez Piñeiro (1869-1897), na­tural de Vigo e Jenaro de la Fuente Domínguez (1851-1922), natural de Vallado­lid e afin­ca­do en Vigo procedente do Ferrol dende 1874, coñecido e querido mestre de obras, facultativo municipal ao que se deben gran cantidade dos edificios máis suntuosos e representativos do eclecticismo vigués de fins do século pa­sa­do e co­­mezos do presente.

Antes de cumprir os seis anos e despois de once de matrimonio morre a súa nai aos 28 anos de idade. Sen dubida debeu ser o ambiente que respirou na súa casa e a completa dedica­ción do seu pai cara á arquitectura a que debeu marcar ao xoven fillo Jena­ro para a in­clinación cara eses estudos.

Trasládase a Madrid para iniciar a carreira de Arquitectura na Escola Su­perior, onde finaliza os seus estudos coa obtención do título de Arquitecto no ano 19­­21.

Casa en Madrid no ano 1.920 con Delfina Alonso Díaz e froito do matri­monio son as súas dúas fillas Margarita e María Victoria, que atestiguan hoxe en día a gran dedicación e vocación do seu pai, traballador infatigabel e ena­morado da súa profesión.

Pasa a ocupar a praza de facultativo municipal de Vigo que o seu pai deixara vacante por falecemento (21-8-1922). En outubro dese mesmo ano atópanse no arquivo municipal de Vigo os primeiros expedientes infor­ma­dos por él, figurando xa como director facultativo de obras municipais. Aban­­doa o posto de facultativo municipal para dedicarse ao desenvolvemento da pro­fe­sión liberal no anos 35.

En Santiago de Compostela colabora con Constantino Candeira Pérez, ar­qui­tecto municipal desa cidade nun dos proxectos máis importantes de urbanismo da época en 1929 e máis tarde faise cargo en solitario de dito proxecto e das edificacións das que consta (residencia de estudantes, edificio central, ximnasio, etc.).

Trasládase a Madrid onde fixa a súa residencia nos anos 40, aínda que segue mantendo o seu estudo en Vigo viaxando entre unha e outra cidade, simultane­ando con proxectos en Santiago de Compostela. En Madrid figura como cole­xiado do C.O.A.M dende o 1 de abril do 43 ata o 45, sen que se teña coñecemento de ningunha obra súa nesa cidade.

Tense constancia dunha viaxe a Suecia nos últimos anos da súa vida pa­ra estudar a arquitectura nórdica polo interese que espertou nel.

Morre na clínica Covesa de Madrid aos 71 anos de idade víctima dun in­far­to de miocardio o catro de xaneiro de 1963 e é trasla­da­do a Vigo para o seu en­­­terro no cemi­terio de Pereiró, reposando os seus restos no panteón fa­mi­liar que construíra o seu pa­i en 1910 pa­ra dar se­pultura a súa muller.
Descargar todas as imaxes