Escoitar

As seleccións española e rusa de fútbol sala mediranse en Vigo o 19 de novembro

"Probablemente o mellor partido de fútbol sala que se pode ver actualmente no mundo". Así cualificou o director xeral do Celta Fútbol Sala, Roberto González, o encontro que medirá en Vigo, o domingo 19 de novembro, as seleccións de España e Rusia.

venres, 3 nov 2006
1162565232futbolsala031106.jpg
José González e Roberto González, presidente e director xeral do Celta Fútbol Sala, respectivamente
A selección española é a actual campiona do mundo (China Tapei, 2004)
e de Europa (República Checa, 2005) neste deporte, mentres que o de Rusia é un dos combinados máis potentes a nivel mundial. O 19:00 de novembro enfrontaranse en Vigo nun encontro preparatorio para o Europeo de Portugal 2007, dentro dun triangular no que tamén participa Eslovenia.

Este será o primeiro partido da selección española en Galicia desde a súa visita a Lugo en outubre de 2004, cando se impuxo por un contundente 6-1 a Polonia. Nesta ocasión, as cidades elixidas son Santiago de Compostela e Vigo. O obxectivo final é revalidar o próximo mes de novembro no Porto o título de campión de Europa que España conquistou na cidade checa de Ostrava, precisamente ante a selección de Rusia.

A chegada da selección española a Vigo espérase para o sábado 18. Nesta xornada previa ao partido contra Rusia, prevese que os xogadores asinen autógrafos e dean agasallos aos nenos e ás nenas afeccionados ao fútbol sala.

Segundo afirmou a concelleira de Deportes, Lucía Molares, coa presenza da selección española preténdese proxectar o fútbol sala en Vigo, especialmente a súa base.
Descargar todas as imaxes