O Goberno Local adxudica obras de melloras na rúas
A Xunta de Goberno do Concello adxudicou hoxe as actuacións de mellora nas rúas Manuel Núñez, Gil, Magallanes, Hernán Cortés, Luis Braille, Vía Norte , Manuel de Castro e Castelao .
O voceiro do goberno municipal, José Manuel Figueroa, manifestou que as obras comezarán no decurso de este mes de novembro e que antes do verán do próximo ano estarán rematadas. Figueroa lembrou que a estas obras de mellora hai que sumar as aprobadas a semana pasada pola Deputación Provincial nas rúas rúas República Arxentina, Gravina, Churruca, Roxelio Abalde e Praza da Independencia.
A Xunta aprobou a memoria das Xornadas de Filosofía "¿Conflicto de civilizacións?" realizadas do 17 ó 20 de outubro de 2006, pola Asociación Cultural Atetheia por un importe de catorce mil euros.
Así mesmo, aprobouse a adxudicación do concurso para a contratación de servizos auxiliares de colaboración tributaria co servizo de administración de tributos do Concello á empresa Santiago Cucart S.L. por un importe de 120.000 euros/ano.
A Xunta de Goberno tamén deu o seu visto bo á proposta de adxudicación para a contratación de obras de urbanización no contorno do centro cívico de Saiáns da empresa ORESA por un importe de 37.900 euros.