O Consello da Xerencia de Urbanismo aproba o Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, promovido polo Consorcio Zona Franca de Vigo e acordou estimar algunhas das alegacións presentadas no trámite de información pública.
O Parque Tecnolóxico e Loxístico vai ser un parque empresarial de case un millón de metros cadrados destinados a empresas de automoción e cun alto compoñente de I+D.
No proxecto de urbanización correspondente ó ámbito de referencia deberán resolverse as cuestións sinaladas nun informe do Departamento de Medio Ambiente do Concello, así como a relativa ó suministro de auga, para o que o Consorcio da Zona Franca de Vigo deberá construír un depósito regulador.
Este acordo será levado a Pleno para a súa aprobación definitiva por parte da corporación municipal.
Outros asuntos
Outras cuestións que se resolveron no Consello da Xerencia de Urbanismo foron a aprobación inicial da modificación do Peri I-01 Pazos, a aprobación de sete expedientes de infracción urbanística e de 67 de licencias de obras, actividades e instalacións.