A lectura centrará as actividades das ludotecas para os máis pequenos
A programación de abril da ludoteca da Casa da Xuventude inclúe o descubrimento das diferentes culturas e tribos que perduran neste século en todo o planeta. Investigarase sobre a súa identidade, vestimenta, alimentación, xogos, cantos e bailes, entre outros aspectos de interese para os rapaces.
Cada venres, ensinaranse xogos multiculturais e celebrarase o Día da Terra co baile das distintas danzas do mundo. O día 23 de abril, o Día do Libro, inaugurarase a sala-biblioteca, un espacio único e exclusivo para xogar cos libros, contar contos e descubrir cousas ou ben imaxinar historias fantásticas.
Nos obradoiros semanais, os interesados aprenderán a facer comidas e aderezos do mundo con diferentes materiais e proseguirase coas tarefas básicas de teatro e ecoloxía.
En Semana Santa está prevista unha saída á piscina municipal das Travesas.
Os obradoiros semanais incluirán os luns a preparación dunha función de teatro sobre a conquista do espacio, os martes confeccionaranse colares africanos e marcos para fotos con pasta italiana no obradoiro de manualidades, os mércores degustarase pizza italiana, arroz chino e tortilla española no obradoiro de cociña, e os xoves coidarase do acuario e da horta da ludoteca no obradoiro da natureza.
Ludoteca de Coia
A ludoteca de Coia porá en funcionamento no mes de abril a librería coas novidades literarias máis importantes dos últimos anos e cun servicio especial de préstamo, ofertas, xogos e sorteos que farán atractiva a súa visita. Contacontos, concursos literarios e de ilustracións, audiocontos en diapositivas, xogos e obradoiros de encuadernación son algunhas das ofertas desta ludoteca para celebrar o mes do Día do Libro.
A fabricación de instrumentos con diversos materiais, a representación dun conto sonoro, un festival e un campionato de música e actuacións de playback centrarán as actividades organizadas sobre o eixo temático da música.