Escoitar

A Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego estará presente na Feira ”Galiemprego 2001” en Santiago de Compostela

mércores, 14 mar 2001

A Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego de Vigo estará presente na III Feira da Formación e o Emprego “Galiemprego 2001”, que, organizada pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, se desenvolverá desde mañá xoves, 16 de marzo, ata o sábado en Santiago de Compostela.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández Álvarez, presentará o venres, ás 12,00 horas nun acto público no marco de “Galiemprego 2001”, o Plan Municipal de Emprego 2000-2003 do Concello de Vigo.

Á parte de contar con dous stands informativos sobre o Plan Municipal de Emprego 2000-2003, no transcurso das xornadas que dure a Feira faranse diferentes actividades lúdicas dirixidas ós visitantes. Mañá xoves, artesáns formados na Casa do Cesteiro do Concello farán unha demostración do seu traballo, mentres que os alumnos da Escola Obradoiro “Mar Vigo” mostrarán o venres as habilidades naútico-pesqueiras que aprenderon na 1ª fase da escola.