Escoitar

O alcalde proporalle ao Pleno que solicite á Autoridade Portuaria o rescate da concesión do paseo do porto deportivo

mércores, 14 mar 2001
imx21.jpg
O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, proporalle ao Pleno da corporación municipal que lle solicite á Autoridade Portuaria que inicie os trámites para o rescate da concesión do paseo marítimo fronte ao porto deportivo co obxectivo de garantir que esa zona teña a consideración de espacio público.

A solicitude de rescate da concesión abranguerá tamén o espacio que ocupa a actual piscina do Real Club Náutico. Dese xeito, facilitaríase a execución doutra parte do proxecto “Abrir Vigo ao mar”: o derrube do edificio da vella piscina para abrir ese espacio visualmente cara ó mar e a construcción dunha nova.

O alcalde encargou a elaboración dun estudio de ordenación do tráfico no espacio situado entre a Praza de Compostela e o paseo marítimo de Montero Ríos. O propósito dese estudio é o de establecer o uso da zona como un lugar para o lecer garantindo o acceso dos residentes e os labores de carga e descarga. Ese estudio servirá de base para a redacción dun proxecto de humanización de toda a área.

Resposta de Fomento sobre a Travesía de Vigo

O Concello agarda a resposta do Ministerio de Fomento á petición de introducir diversas modificacións no proxecto de reforma da Travesía de Vigo. O alcalde lembrou hoxe que o Ministerio adquiriu o compromiso de continuar as obras naquelas zonas nas que non se propuxeron cambios.
Descargar todas as imaxes