Escoitar

Lexionelose e síndrome das vacas tolas serán os temas das xornadas do Día do Consumidor

martes, 13 mar 2001
imx17.jpg
O concelleiro de Sanidade, Santiago Domínguez, presentou as Xornadas de Consumo, que serán o xoves 15 de marzo para celebrar o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, organizadas co obxectivo de informar os cidadáns e asesoralos sobre a lexionelose e o síndrome das vacas tolas.

As xornadas comezarán ás 16:00 horas, no auditorio de Caixanova, e intervirán o responsable da Sección de Microbioloxía de Labaqua, Vicente Catalán, para falar da lexionelose, e o director do Laboratorio Nacional de Referencia para as encefalopatías esponxiformes, Juan José Badiola, que recomendará ós consumidores en relación co síndrome das vacas tolas. A entrada será libre e gratuíta.

O concelleiro Santiago Domínguez ofreceu tamén datos sobre o labor desempeñado pola OMIC e sinalou que, mentres no 1999 se realizaron 3.615 consultas persoais, no 2000 foron 5.180, que supón un incremento do 43,29% Esta oficina pretende alentar os usuarios para que se acostumen a presentar as súas reclamacións. No 1999 realizáronse 482 reclamacións e no 2000 foron 3.188, que supón unha suba do 661%

O maior número de consultas establécese no apartado de vivenda, en canto a aluguer e compra, seguido de hostelería, telefonía e asistencia técnica de electrodomésticos.
Descargar todas as imaxes