Escoitar
A decisión deberá ser ratificada polo Pleno da Corporación

O Goberno municipal concede a Medalla de Ouro da Cidade á Escola de Enxeñería Técnica Industrial

luns, 12 mar 2001
A Comisión de Goberno decidiu concederlle a Medalla de Ouro da Cidade á Escola de Enxeñería Técnica Industrial. A institución académica acaba de cumprir cen anos e foi o primeiro centro que impartiu estudios universitarios en Vigo.

Os Vigueses Distinguidos 2001, decididos na mesma Comisión de Goberno, son o historiador Pedro Díaz Álvarez, autor da guía sobre o barrio histórico de Vigo ”A caracola de Pedra” e donante dunha colección de pezas megalíticas e castrexas: o membro do clube Ampfiv Sebastián Rodríguez ”Chano”, e gañador de cinco medallas de ouro nos xogos paralímpicos de Sidney: o colectivo de traballadores de Mar, pola defensa dos dereitos laborais tralo peche da empresa e o mestre de gaiteiros Antón Corral, polo seu traballo na Universidade Popular e na banda de gaitas Xarabal.

Outros vigueses que tamén obterán esta distinción son o ex-responsable de medicina interna no Hospital Municipal Antonio Sierra Calvo, pola defensa da sanidade pública: o Padre Carlos Ortiz Ramos, da Asociación Galega San Francisco, pola súa atención integral ós diminuídos psíquicos: o presidente da Federación de Peñas Recreativas ”El Olivo”, Juan Carlos Padín Nieto, polo seu labor de cohesión social: o atleta Alfonso Posada Sánchez, pola súa contribución ó deporte vigués e o membro do Comité de Dirección do Grupo PSA Peugeot-Citroën Javier Riera Nieves, polo seu compromiso co futuro estratéxico da cidade.

Estas distincións entregaranse no transcurso da habitual cerimonia que se celebrará o vindeiro 27 de marzo.