Escoitar

O economista Joaquim Clusa interviu nas Xornadas de Urbanismo

venres, 9 mar 2001


Nas Xornadas sobre Planeamento Urbanístico Xeral interviu o economista Joaquim Clusa, que explicou os argumentos económicos e financeiros para o planeamento xeral.

Clusa é asesor económico de ”Barcelona Regional”, unha axencia de desenvolvemento urbanístico e de infraestructuras metropolitanas catalana. No seu relatorio valeuse da experiencia olímpica de Barcelona e das expectativas do Forum 2004.

A sesión contou tamén coa presencia do avogado Francisco Zaragoza, que falou sobre as determinacións específicas para cada clase de solo, e co profesor Bernardo Ynzenga, que disertou sobre o PXOU de Santander.

Estas xornadas, organizadas pola Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer experiencias urbanísticas aplicadas noutras cidades que sirvan para deseñar futuros plans, continuarán o xoves e venres da vindeira semana.