O Plan Especial de Protección do Monte da Guía establece un réxime de usos para o lecer
O Plan Especial de Protección do Monte da Guía ten como obxectivos fundamentais o ordenamento das zonas verdes e a ampliación do parque, a rexeneración do litoral coa recuperación das praias, a creación dun paseo e o establecemento dun réxime de usos compatible coa utilización da zona como espacio de lecer.
Ramón Gago sinalou que esta superficie de máis de 310.000 metros cadrados rexenerarase e dotarase para usos de lecer, xa que neste momento está infrautilizada, pero desde o Concello de Vigo vaise aproveitar este potencial en beneficio dos cidadáns.
O resumo das propostas de actuación inclúe a recuperación das praias, o traslado das industrias-almacén situadas no recheo da Lagoa, a rexeneración da masa vexetal primando as especies autóctonas e a creación de percorridos peonís co correspondente alumeado, bancos, papeleiras e sinais. O Plan Especial establece tamén melloras no sistema viario.
Descargar todas as imaxes