O concelleiro de Urbanismo, Xabier Toba, inaugura as Xornadas sobre Planeamento Urbanístico Xeral
A Xerencia de Urbanismo organiza as ”Xornadas sobre o Planeamento Urbanístico Xeral”, coordinadas polo profesor Enrique Sánchez Goyanes, que se van desenvolver do 8 ó 30 de marzo.
Contarán coa presencia de prestixiosos profesionais en cada unha das sesións relacionadas co estudio económico financeiro, cos instrumentos de ordenación do territorio, coa clasificación do solo, coa programación e xestión dos plans, da avaliación de impacto ambiental e dos posibles convenios na materia.
O titular de Urbanismo do Concello de Vigo, Xabier Toba, explicou que nesta edición se vai tratar ”a cuestión do planeamento tentando achegar os protagonistas do debate urbano, desdramatizar e contraargumentar os discursos negativos e catastrofistas para pensar, entre todos, unha cidade urbanisticamente consensuada e normalizada”.
”As sesións que hoxe principian teñen que contribuír a acalar debates sen información, dando voz ós técnicos e asento e micrófonos ós cidadáns para que sexan partícipes do cambio de mentalidade urbanística”, engadiu Toba.
A segunda sesión celébrase o venres 9 de marzo e o programa atópase na axenda municipal do xornal.